WTF!

.jpeg)
WTF!
WTF! é unha fuxida cara diante, o correr pavoroso de dúas criaturas chegadas á Terra dende unplaneta lonxano e estrano. Ou simplemente diferente.
É unha explosión. É un carnaval. É un disparate.
É unha expresión de shock convertida nun absurdo de ritmo frenético. Unha mestura de xogo e movemento que dende a cor e o brillo cristaliza unha idea quizais sinistra tras a néboa da festa: porque corren estas dúas criaturas? Que ven que lles fai fuxir sen pausa cara diante? Que lles aterra tanto?
Quizais non lles gusta o que ven aquí abaixo. Ou quizais esas criaturas chegadas doutra galaxia somos todxs nós reflectidxs nun espello inesperado. Correndo ata quedar sen alento para chegar a non sabemos onde.
CREACIÓN E INTERPRETACIÓN: Cris Vilariño + Diego M. Buceta
ESPACIO SONORO: Acacia Ojea
VESTIARIO: Marte Martinka + AY, CARIÑO!
REXISTRO DE VÍDEO: Henrique Lamas
DURACIÓN: 13 minutos
PÚBLICO AO QUE VAI DIRIXIDO: todos os públicos
GRACIAS por visitarnos