MILLO VELLO



Millo Vello é unha práctica performativa onde corpos e obxectos dialogan coa música en vivo.
É un exercicio de continua tentativa de volver á sabedoría ancestral, primitiva, ao mesmo tempo que abrazamos o que forma parte da nosa realidade e contexto actual.
En realidade, esta práctica é unha carta de amor a nós mesmxs. e a todas aquelas persoas que se poidan sentir apeladas na busca dese lugar apracible onde habitar.
Servímonos da busca dende o subconsciente e os soños, creando paisaxes visuais que invitan á observación tranquila, a poñerse en tempo de árbore. Para acadar así o deleite de ser testumuña de algo que, como a natureza, vaise conformando pouquiño a pouco.
DIRECCIÓN: Ay, Cariño!
INTÉRPRETES: Cris Vilariño, Diego M. Buceta, Rafa Mallo, Robert Tena
MÚSICA EN DIRECTO E ESPAZO SONORO: Rafa Mallo
ILUMINACIÓN: Laura Iturralde
VESTUARIO: Ay, Cariño!
MIRADA EXTERNA: Andrés Corchero
ASISTENCIA CESTERIA: Lola Touron

Coproducido por
GRACIAS por visitarnos