BODY WEATHER
- Cris Vilariño
- 19 may 2024
- 1 Min. de lectura
Body weather é unha técnica física integral creada en Xapón na década de 1970 por Min Tanaka, mestre, coreógrafo e bailarín de danza butoh.É unha práctica exhaustiva de adestramento e actuación que investiga as interseccións do corpo e o seu entorno. Posto que a vida actual desliga totalmente ao ser humano do seu entorno orixinario, e en busca desa comuñón esquecida, unha parte importante deste adestramento realízase en diferentes espazos naturais exteriores, coa finalidade de devolver ao corpo esa sensibilidade durmida, esa capacidade sutil pero de grande fortaleza que reside na natureza, nos mares, bosques, desertos e montañas.Os corpos non son concebidos como entidades fixas e separadas, senón que están, do mesmo xeito que o tempo meteorolóxico, cambiando constantemente a través dun sistema infinito e complexo de procesos que suceden dentro e fóra destes corpos.Busca estar á escoita con todo o corpo, cos poros da pel abertos, cos sentidos, espertar a sensibilidade innata da condición humana para retornar a atención a nós mesmxs, ás outras persoas e ao noso entorno. Repetir regularmente un adestramento abre a porta a coñecer os diferentes aspectos da nosa estrutura e natureza corporal: os ósos, os músculos, os nervios e tamén a mente e as sensacións.É unha técnica que esixe unha profunda revisión do corpo e o movemento e investiga profundamente a conexión corpo-espazo, vivindo o espazo como unha extensión do corpo.
É a busca dun corpo versátil en cambio constante.
Comments